BURELA .- O domingo ás once e media da mañá, na 2 de TVE, dentro do programa Pobo de Deus, da programación socio-relixiosa de RTVE, emitirase o Programa “As familias e os nenos primeiro”. Este Programa gravouse no Centro San Aníbal de Burela por un equipo de televisión a principios de xuño do presente ano, durante catro días. O mesmo inclúe unha entrevista ao alcalde de Burela, ao coordinador provincial de menores da Xunta de Galicia en Lugo. Tamén se gravou no CEIP Virxe do Carme de Burela, así como en diversos exteriores. Nel participan tamén, o persoal, voluntarios e usuarios deste Centro
A 2 de TvE emite o domingo un programa gravado no Centro San Aníbal de Burela