Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove propón unha ampla e variada oferta de actividades de verán dirixida a tódalas idades

XOVE .- A Concellería de Cultura de Xove, da que e responsable e Dolores Meitín, programou unha ampla oferta de actividades para o verán, dirixida a todas as idades. Os veciños de Xove poderán optar,en función da idade a actividades relacionadas con xogos tradicionais, medio-ambiental, manualidades, actividades expresivas, ximnasia de mantemento, aeróbic infantil, fitnes para maiores, e máis. A inscrición para todas estas actividades haberá que realizala  no Teléfono 982 59 20 01 ou ben no Despacho do Técnico Municipal de Cultura dende as 8:30 ata as 14:30 horas, de luns a venres. A inscrición para as mesmas é totalmente gratuíta.

NOTA DE PRENSA

ACTIVIDADES DE VERÁN DA CONCELLERÍA DE CULTURA PARA NENOS/AS E XOVES DO CONCELLO

Estes dias está a pique de rematar o Curso Escolar, tanto no Ceip Pedro Caselles como no IES Illa de Sarón, razón pola cal os alumnos/as dos dous Centros van estar plenamente de vacacións. Tendo en conta isto, a Concellería de Cultura preparou un amplo  programa de actividades para tódalas idades, dende 3 anos ata 4º de ESO. Pero non só vai haber actividades para este colectivo, dado que dende a Concellería tamén se programaron actividades para maiores de 18 anos e para persoas maiores, especialmente da 3ª idade.
O Programa é o seguinte:

XULLO. (As actividades deste mes comezarán o dia 6):
-Ximnasia de Mantemento para maiores, especialmente persoas da 3ª idade, os luns, mércores e venres de 10:30 a 11:30 horas.
-Aeróbic Infantil, para alumnos/as de 1º a 5º de Primaria  os luns e mércores de 11:30 a 12:30 horas.
-Xogos Infantís para nenos/as de Infantil de 3 a 5 anos os martes e xoves de 11:00 a 12:00 horas.

AGOSTO. (As actividades deste mes comezarán o dia 3):
-Ximnasia de Mantemento para maiores, especialmente persoas da 3ª idade, os luns, mércores e venres de 10:30 a 11:30 horas.
-Fitnes para maiores de 18 anos os luns, mércores e venres de 11:30 a 12:30 horas.
-Talleres  Recreativos para nenos/as de 5 anos ata 4º de Eso, os cales terán lugar  os luns e venres de 12:30 a 13:30 horas. Os talleres son os seguintes:
-3 e 7 de agosto: xogos tradicionais.
-10 e 14 de agosto: medio-ambiental.
-17 e 21 de agosto: manualidades.
-28 agosto: actividades expresivas.
-Xogos Infantís para nenos/as de Infantil de 3 anos a 5º de Primaria os martes e xoves de 11:00 a 12:00 horas.
-Xogos Predeportivos para rapaces de 6º de Primaria a 4º de ESO, os martes e xoves de 12:00 a 13:00 horas.
Taller de Primeiros Auxilios para rapaces/as a partir de 1º de ESO, os mércores de agosto de 12:00 a 13:00 horas.

Tódalas actividades desenvolveranse na nova Aula Multideportiva, agás os Xogos Predeportivos que se farán no Pavillón de Deportes.
A inscrición para todas estas actividades haberá que realizala  no Teléfono 982 59 20 01 ou ben no Despacho do Técnico Municipal de Cultura dende as 8:30 ata as 14:30 horas, de luns a venres. A inscrición para as mesmas é totalmente gratuita.

Exit mobile version