VIVEIRO .- Un grupo de persoas do Consello de Maiores de Labrada, no Concello de Guitiriz viaxa o mércores ata A Mariña, en concreto, ó Concello de Viveiro, para pasear pola praia de Covas, visitar a lonxa e o porto de Celeiro e subir ó Alto de San Roque.
Nota de Prensa
Un grupo de nenos de Monforte de 4 e 5 anos coñecerán Avifauna grazas a Km0
Veciños de Gutiriz tamén viaxarán á Ribeira Sacra e A Mariña dentro desta iniciativa da Deputación
O programa de visitas Km0 contará esta semana cos participantes máis novos desde que a Deputación puxo un marcha esta iniciativa: un grupo de nenos de 4 e 5 anos, que coñecerán Avifauna. Ademais, dous grupos de veciños de Guitiriz viaxarán á Ribeira Sacra e á Mariña, que seguen a ser os destinos máis demandados deste programa.
A Deputada de Economía, Regina Polín, recibiu este martes no Pazo de San Marcos a un grupo de 36 membros da Asociación de Pensionistas de Campo da Feira de Guitiriz ós que lles explicou a finalidade deste programa, co que se pretende dar a coñecer ós lucenses a riqueza medioambiental e patrimonial da nosa provincia e apoiar a economía lucense. A continuación, visitaron o Mazo de Santa Comba e desprazáronse ata A Ribeira Sacra, onde fixeron una ruta a pé ata Pena do Castelo e realizaron unha travesía fluvial en catamarán.
Mañá mércores mércores participará en Km0 un grupo do Consello de Maiores de Labrada, tamén do Concello de Guitiriz. Ademais de coñecer o conxunto etnográfico do Mazo de Santa Comba, viaxará ata A Mariña, en concreto, ó Concello de Viveiro, para pasear pola praia de Covas, visitar a lonxa e o porto de Celeiro e subir ó Alto de San Roque.
Por último, o venres 12 de xuño organízase una ruta especial que contará coa participación de medio cento de nenos 4 e 5 anos, que estarán acompañados por varios profesores. Os pequenos, do centro público Caixa Galicia de Monforte, pasarán toda a mañá en Avifauna.