Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha trintena de embarcacións participaron na procesión marítima de Burela

BURELA .- Pincheiros, arrastreimos, boniteiros e outras embarcacións da flota burelense formaron unha comitiva dunhas trintena de barcos na procesión marítima do día grande das festas patronais de Burela. As esixencias legais as embarcacións para participar na procesión e o lixeiro orballo que acompañou o acto non desluciron o procesión que rematou cunha atronadora traca de fogos artificiais.
O luns, último día das patronais, será a procesión de subida a igrexa da imaxe que se baixou o sábado. E a noite verbena coa Panorama e Philadelfia.

Exit mobile version