RIBADEO .- Pasadas as seis desta mañá apareceu unha barricada de neumáticos ardendo na autovía do Cantábrico ao seu paso polo municipio de Ribadeo, concretamente na Ponte dos Santos. O tráfico en ambos os sentidos estivo cortado durante unha hora e desviouse a circulación por Vegadeo, a través das estradas nacionais 640 e 642. A Garda Civil está intentado pescudar quen foron os autores dos feitos, aínda que se sospeita que puido tratarse dun acto de protesta de traballadores dunha empresa metalúrgica asturiana.