Site icon Crónica3.com A Mariña

Convocan unha tractorada en defensa do prezo do leite para o mércores 17

Asamblea Vilalba (foto:web SLG)

VILALBA .- Na asemblea do sector leiteiro celebrada en Vilalba, gandeiras e gandeiros do SLG, procedentes de todas as comarcas da Galiza, adoptaron a decisión de mobilizarse cunha tractorada o vindeiro mércores 17 de xuño en diferentes comarcas do País.

Nota de Prensa

Na asamblea do sector leiteiro celebrada na mañá de hoxe en Vilalba, gandeiras e gandeiros do Sindicato Labrego Galego, procedentes de todas as comarcas da Galiza, adoptaron a decisión de mobilizarse cunha tractorada o vindeiro mércores 17 de xuño en diferentes comarcas do País.
Dende o SLG queremos deixar ben claro que sabemos en mans de quen está solucionar a crise do sector: nas dos gobernos, sendo estes aos que temos que demandar que cumpran coa súa obriga de defender a supervivencia das explotacións leiteiras deste País.
É a súa responsabilidade loitar politicamente, traballar,  para que sexan adoptadas dunha vez por todas medidas que nos permitan ter un prezo que nos cubra os custes  de produción e remuneren o noso traballo.
Porque consideramos central a responsabilidade gubernamental nesta crise,  é polo que o SLG adopta a decisión de convocar unha tractorada para o vindeiro mércores 17 de xuño, á que engadiremos a convocatoria conxunta, canda  as outras  organizacións agrarias, doutro tipo de accións.

Exit mobile version