O venres 19 de xuño, tivo lugar na Casa de Cultura Manuel Lourenzo de Ferreira do Valadouro o espectáculo do dúo Ni Fu ni Fa chamado Canto conto. Nesta representación a música, a lectura e o respecto pola natureza foron elementos claves na representación.Este acto foi organizado polo Concello do Valadouro (Concellaría de Cultura) para o alumnado do centro CEIP Santa María do Valadouro.