BURELA .- Tania Díaz do IES Perdouro de Burela, Andrea Sinde do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba e Esteban Bernárdez da Coruña foron os gañadores das distintas categorías do “I Encontro de banda deseñada na Mariña” do IES Perdouro. A organización dos primeiros Encontros da Banda Deseñada da Mariña do IES Perdouro queren mostrar o seu agradecemento a todos os participantes e especialmente aos docentes e alumnado dos centros educativos que amosaron o seu interese por este Encontro.
COMUNICADO
FALLO DO XURADO DO Iº ENCONTRO DE BANDA DESEÑADA NA MARIÑA
Foron fallados os premios do Iº Encontro de Banda Deseñada na Mariña.
Na categoría escolar ata catorce anos o 1º premio foi obtido por Tania Díaz Vázquez do IES Perdouro de Burela coa obra O resplandor do bosque. O 2º premio foi para Jeanderson Bruno Patricio Dos Santos do CEIP O Cantel de Foz coa obra Loita por un amor.
Na categoría escolar ata dezaoito anos o 1º premio recibiuno Andrea Sinde González do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba pola banda deseñada Morte por amor. O 2º premio foi para unha obra colectiva, a titulada Soño ou realidade, presentada conxuntamente por Gema López López e Sonia García Gesto, tamén alumnas do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba.
Na categoría libre o 1º premio conseguiuno Esteban Bernárdez Fuentes da Coruña coa obra O contrabandista e o 2º, David Prieto Seijo, tamén da Coruña, coa banda deseñada titulada A broma. Quedaron como finalistas Eva Rivas García de Foz coa obra O segredo da perla e Alexandre Fernández Pino de Xove coa banda deseñada A filla da noite.
A organización quere mostrar o seu agradecemento a todos os participantes e especialmente aos docentes e alumnado dos centros educativos que amosaron o seu interese por este Encontro.