Site icon Crónica3.com A Mariña

Suárez agarda que Fomento constrúa o novo acceso a Ribadeo dende a A-8

RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, amósase satisfeito pola aprobación onte no Congreso dunha iniciativa presentada polo BNG para que Fomento constrúa un novo acceso a Ribadeo desde a A-8 en sentido Asturias. O rexedor declarou que “estou satisfeito por esta iniciativa que onte se aprobou no Congreso a proposta do BNG e que despois contou co apoio do PP e do PSOE e que permitiu que se lle pida a Fomento que faga un novo acceso a Ribadeo desde A-8 para todos aqueles vehículos que circulen desde Galicia en sentido Asturias”.

Suárez Barcia lembrou que “no sentido contrario de Asturias a Galicia xa todos os vehículos se poden desviar na primeira rotonda, a de Vilaselán, a máis urbana, e que no futuro será a vía de enlace máis directa ao que é a vila de Ribadeo. Esto de Asturias para Galicia é posible, pero si circulamos desde Galicia en sentido Asturias, a única saída urbana que temos é a de Piñeira na entrada do polígono industrial e na confluencia co nudo da circunvalación. Esto ocasiona un embudo alí tremendo de moitos vehículos e esperemos que esto non quede en auga de borrallas e que o Ministerio de Fomento se aplique o conto”. O alcalde ribadense sinalou que “esta iniciativa xa foi aprobada unanimemente por todos os grupos da corporación, entregámoslla á ministra anterior, pero que en contestación escrita por parte do responsable da Demarcación de Estradas de Galicia, Angel del Río, contestounos desfavorablemente hai escasamente tres meses”.

Fernando Suárez considera que “agora teñen que reconducir a situación e cambiar a actitude para con Ribadeo dIsto que temos denunciado moitas veces dun certo desapego por parte de Fomento cara a nosa vila e agardo que agora empecemos a mirar as cousas doutra maneira, grazas a esta iniciativa”.

Exit mobile version