Site icon Crónica3.com A Mariña

Segundo o PP de Burela A Secretaría Xeral par ao Deporte construirá o campo de fútbol artificial da Marosa

NOTA DE PRENSA
A Secretaría Xeral para o Deporte construirá o campo de fútbol artificial da Marosa.

González Barcia recibiu a confirmación nunha entrevista con José Ramón Lete.

O portavoz popular lembra que a primeira documentación enviada á Xunta fora remitida polo goberno municipal do PP.

O portavoz do GMPP de Burela, José María González Barcia, mantivo no día de onte unha reunión co Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, aproveitando unha visita deste último á Deputación Provincial de Lugo.

Nesa reunión, José Ramón Lete anuncioulle a González Barcia a intención da Secretaría Xeral para o Deporte de construir o campo de fútbol artificial de A Marosa. A licitación e adxudicación da obra faríase de xeito que as obras puideran comenzar antes de fin de ano.

Para González Barcia, que xa mantivera unha anterior conversa con Lete Lasa sobre este asunto, esta é sen dúbida unha boa noticia, porque vén a confirmar que o que no seu día o equipo de goberno do PP solicitara da Xunta de Galicia, fai algo máis de dous anos, agora, logo de dous anos de parálise, por fin vé a luz.

Barcia lembrou que o compromiso que tiña o PP era o de facer a obra, e ese compromiso vai facerse realidade coa Xunta do PP. Igualmente, Barcia indicou que o cambio de goberno da Xunta trouxo consigo que o PP burelés tente xestionar aquelas actuacións de interese para o concello e os seus cidadáns. E nesa liña, asegurou Barcia, seguirá traballando o PP burelés.

González Barcia manifestou que xa no seu día había intención na directiva da S.D. Burela de acometer esta obra, e de feito houbera conversas entre o equipo de goberno popular de Burela co clube. Tanto é así, que a primeira documentación de petición de subvención enviada á Xunta fora enviada polo equipo de goberno do proprio Barcia. Polo tanto, aquelas espectativas que había hai algo máis de dous anos, cumpliranse, e deste xeito sairá beneficiado o mundo do deporte burelés en xeral, e en particular o fútbol-base.

Exit mobile version