Site icon Crónica3.com A Mariña

Segundo o PP a Xunta consultará os concellos antes de continuar co Plan de Vivendas Sociais

NOTA DE PRENSA
Así o recoñece o actual departamento autonómico de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, nunha resposta por escrito aos deputados do Grupo Popular, Jaime Castiñeira Broz e Jose Manuel Balseiro Orol
A XUNTA CONSULTARÁ COS CONCELLOS IMPLICADOS ANTES DE CONTINUAR A TRAMITACIÓN DO POLÉMICO PLAN SECTORIAL DE SOLO RESIDENCIAL IMPULSADO POLO BIPARTITO

* O devandito plan impulsado polos xestores nacionalistas da anterior Consellería de Vivenda, provocou unha grande contestación social incorporando múltiples alegacións de particulares e concellos.

* A anterior lexislatura rematou sen poñer no mercado na nosa comarca unha soa vivenda (VPP) iniciada polo bipartito.

A Mariña, 30 de xuño de 2009.- A Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio da Xunta de Galicia vén de informar a través dunha resposta escrita aos deputados do Partido Popular, Jose Manuel Balseiro Orol e Jaime Castiñeira Broz, que antes de continuar coa tramitación do polémico Plan Sectorial de Solo Residencial redactado polo anterior Goberno de Galicia, procederá a consultar cos concellos implicados tentando chegar ao máis amplo consenso posible sobre o seu contido.

Este documento, impulsado no seu día polos xestores nacionalistas da Consellería de Vivenda, efectuouse sen ter en conta a opinión dos concellos implicados e dos propietarios do solo, o que provocou un importante contestación social, coa presentación de innumerables alegacións. De xeito especial, entre asociacións de veciños e particulares propietarios dos terreos que serían obxecto de expropiación.

O departamento autonómico que dirixe o popular Agustín Hernández afirma, do mesmo xeito, que o proceso de consulta cos concellos implicados terá lugar a partir do vindeiro mes de xullo e permitirá aprobar un Plan Sectorial consensuado.

O Plan Sectorial que será obxecto de revisión ten por finalidade permitir que a Administración Autonómica dispoña de solo residencial destinado maioritariamente á construción de vivenda de protección. Na Mariña existen dúas áreas funcionais –Ribadeo e Burela- onde se concentraron a maior parte de oposicións ao desenvolvemento deste plan.

NIN UNHA SOA VIVENDA INICIADA POLO BIPARTITO

O PPdeG sempre defendeu que o devandito plan elaborado polo Goberno bipartito formaba parte dunha manobra de propaganda, era un simple anuncio máis a través do que pretendían ocultar a falta de xestión durante os catro anos de Goberno conxunto entre PSOE e BNG. De feito, o deputado popular salientou que rematou a lexislatura sen poñer no mercado na nosa comarca unha soa vivenda (Vivenda de Promoción Pública VPP) iniciada polo bipartito.

O devandito Plan supuxo unha vulneración total da autonomía municipal, pese a que eran as entidades locais as que ao final están encargadas do cumprimento da legalidade urbanística en cada concello. Balseiro recordou que “Non foi certo que os xestores do Bipartito se teñan reunido con todos os alcaldes onde se tiña pensado facer algunha actuación. En moitos casos se limitaron a chamadas de teléfono e a non ter en conta as propostas municipais. Nos mudaremos este comportamento, co obxecto de garantir un maior consenso, e unha máis realista distribución de novas vivendas a prezos máis accesibles”

Exit mobile version