Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo xa conta con comisión para organizar as festas patronais de 2009

RIBADEO .- Ribadeo conta cunha comisión organizadora das festas patronais de 2009. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que “no día de onte tivemos unha nova xuntanza aberta a todas aquelas persoas que quixesen participar na organización das festas de San Roque e da patrona deste 2009 e debo dicir que afortunadamente un grupo de veciños, uns quince, manifestaron a súa intención de participar na organización destes festexos. Son homes e mulleres de aquí de Ribadeo que pertencen a diferentes profesións, temos traballadores por conta allea, algún empresario, comerciantes… penso que demostran un ánimo importante e que as festas deste 2009 tentarán ser o mellor posible, dentro do pouco tempo que queda para organizalas”.
O rexedor di que “puidemos ver ideas positivas pola súa parte e penso que estas festas serán dignas. O próximo luns haberá unha nova xuntanza para concretar as actuacións a realizar nos 4 días de festa que haberá, o martes 8 de setembro (o día grande), o luns e a fin de semana anterior”.
Suárez Barcia suliña que “desde o Concello brindámoslles o noso apoio e colaboración na medida das nosas posibilidades tanto a nivel económico con esta aportación de 12.500 euros e máis logo co alumeado decorativo e todas aquelas outras cuestións de apoio que nós desde o Concello tamén lles efectuamos. Incluso había ideas novas que si a comisión estima levalas adiante tamén as imos apoiar, co sentimento de que para recaudar diñeiro para facer unhas boas festas é  necesario facer cousas novidosas con respecto a anos anteriores”.
O alcalde demanda a colaboración da cidadanía, “quero agradecerlles a participación voluntaria e desinteresada ás persoas se ocuparán das festas e pedir no seu nome, ainda que en breve se presentarán en público, á cidadanía de Ribadeo que os apoie e que colabore económicamente para facer unhas festas da patrona importantes”.

Exit mobile version