Site icon Crónica3.com A Mariña

Reunións informativas do PP de Burela con afiliados, simpatizantes e coa AA.VV O Vencello

Nota de Prensa

O PP celebra mañán asamblea de afiliados e simpatizantes.
Os populares darán información sobre o trazado da autovía Barreiros-San Cibrao.
Tamén farán un repaso dos resultados electorais e da situación política no concello.

O PP de Burela celebrará mañán, venres, ás oito da tare, na antiga biblioteca de Burela, unha asamblea de afiliados e simpatizantes para  avaliar os resultados das eleccións europeas no concello, e facer un repaso á situación política en xeral, pero nomeadamente a municipal, que para o PP vive unha situación de parálise absoluta.
Os populares aproveitarán a oportunidade, ó remate da asamblea,  para informar sobre o trazado da autovía Barreiros-San Cibrao ó seu paso polo termo municipal de Burela, dado que o alcalde non abre ningún proceso informativo. Os populares fan un chamamento ás persoas interesadas para que acudan a esta asamblea informativa.
Hoxe mesmo, xoves, o PP tén previsto reunirse coa Asociación de Veciños O Vencello.

Exit mobile version