Site icon Crónica3.com A Mariña

Prohibidas as fogueiras nas praias de Burela

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, lembra aos veciños que é necesario solicitar permiso para as fogueiras de San Xoán e San Pedro. Tampouco poden facer en lugares próximos a tendidos eléctricos ou edificios e que está prohibo queimar rodas ou cubertas de goma. O prazo para solicitar permisos para as fogueiras remata o vindeiro luns. Alfredo Llano tamén insiste en que “está terminantemente prohibido facer fogueiras nas praias de Burela”.

Exit mobile version