Site icon Crónica3.com A Mariña

Primeiro Certame de Ilustración sobre a emigración no Valadouro

VALADOURO .- A OMIX de O Valadouro e a OMIX de Alfoz convocan o I Certame de Ilustración Sociedad de Valle de Oro creado para promover, premiar esta modalidade das artes plásticas e que sirva de homenaxe á centenaria Sociedad de Instrucción y Recreo Hijos de Valle de Oro que tanto labor social fomentou na comarca do Valadouro. O desenvolvemento corre a cargo da Fundación Comarcal A Mariña Central coa coorganización dos Concellos de Alfoz e Valadouro e o patrocinio da Deputación Provincial de Lugo.

O tema do certame é a emigración e as sociedades filantrópicas creadas polos galegos en ultramar. Poden ser viñetas humorísticas, recreacións orixinais de carteis reais ou ficticios, imaxes de actividades culturais ou de recreo feitas polos emigrantes nos paises de acollida, postais, ou calquera ilustración que teña relación con este tema dalgún xeito.

Poden participar os maiores de 18 anos galegos ou residentes en Galicia, con técnica libre, sempre que sexa reproducible, con catro obras como máximo por autor que han de presentar xunto cun sobre cos datos persoais, no enderezo

Certame de Ilustración Sociedad Hijos del Valle de Oro
Fundación Comarcal A Mariña Central
Praza do Concello, s/n – Casa do Concello
27740 Mondoñedo (Lugo)

ou nos rexistros dos Concellos de Alfoz e Valadouro

O prazo de entrega remata o 31 de xullo de 2009 e estabelécense tres premios:

1º Premio 1200 €, diploma e publicación na revista Búsola
2º Premio 600 € e diploma
3º Premio 300 € e diploma

Exit mobile version