A MARIÑA .- A utilización de cepos e a aplicación de crueis artimañas lesivas a animais salvaxes, co fin de que non escapen, provócanlles graves lesións e dificultades de mobilidade. Nos montes da comarca poden atoparse cabalos con este tipo de cepos, como os da foto que ilustra este texto, en montes de A Mariña Central. Esta cruel práctica e máis dramática si cabe, en época estival, en caso de incendios.
O uso de artiluxios de este tipo, e coa similar finalidade, tamén afecta a gando vacún, como o da imaxe, que transita por unha estrada local cunha corda amarrada a cabeza e a unha pata.