Site icon Crónica3.com A Mariña

Pide o PP que a Deputación “apoie” un acordo do Concello de Burela sobra a autovía

Nota de Prensa

O GPPP pide que a Deputación apoie o acordo do Concello de Burela sobre o cambio de trazado da autovía Barreiros-San Cibrao

•    Os populares lembran que o acordo burelés adoptouse por unanimidade

Lugo, a 29 de xuño de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular presentou hoxe, con carácter de urxencia, unha moción para que a Deputación apoie o acordo adoptado polo Pleno do Concello de Burela no ano 2006 solicitando que a autovía de enlace entre Barreiros e San Cibrao transcurra polo sur do municipio, dado que non afecta a núcleos de poboación e consecuentemente evitaríase unha afectación importante no concello que podería imposibilitar o seu desenvolvemento futuro.

Os populares consideran que eses son motivos sobrados para que a Deputación lle demande a Fomento que atenda as peticións do concello burelés. A moción preséntase con carácter de urxencia dado que a vindeira sesión plenaria da Deputación estaría fóra do prazo de presentación de alegacións ante o Ministerio de Fomento no que se refire á información pública do estudio informativo e de impacto ambiental.

Desde o GPPP, faise constar que esta mañá o voceiro adxunto dos populares, José María González Barcia, contactou co alcalde de Burela para informalo sobre a presentación desta moción.

Os populares confían en que a súa moción sexa aceptada polos restantes grupos políticos. Así, na súa exposición de motivos indícase que o  pasado  día 23 de xuño o Boletín Oficial do Estado publicaba o anunción de exposión pública do estudio informativo e o estudio de impacto ambiental da EI-1-LU-07, “Autovía de conexión entre San Cibrao e Barreiros” no que se establecía que o prazo para a presentación de alegacións é de trinta días.

Dito estudio informativo contempla catro alternativas, e no que se refire ó Concello de Burela e ó seu termo municipal, a alternativa proposta polo Ministerio de Fomento transcurre en boa parte paralela á actual variante, a unha distancia media de oitenta metros, desviándose logo hacia o sur, pero impedindo un futuro desenvolvemento deste concello precisamente nesa dirección, dada a afectación que marca a propia natureza do vial. Tanto é así, que a proposta choca frontalmente co acordo plenario de indicado Concello celebrado o día 30 de marzo de 2006 no que se decidiu, textualmente, que:

O Pleno da Corporación, por unanimidade de tódolos concelleiros, reunindo o quórum da maioría absoluta do número legal de membros da Corporación, acorda, ó abeiro do disposto no artigo 51.1 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, polo que se aproba o Texto Refundido das Disposicións Legais vixentes en materia de Réxime Local, declara-la urxencia e entrar no debate e votación do seguinte asunto:

PROPOSTA FORMULADA POLOS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS DO P.P., PSdeG-PSOE, BNG E MIXTO-CDS, DO CONCELLO DE BURELA ACERCA DO “ESTUDIO INFORMATIVO: NUEVA CARRETERA DE CONEXIÓN ENTRE SAN CIPRIAN Y BARREIROS. PROVINCIA DE LUGO”.-

Pola Alcaldía dáse lectura á proposta epigrafiada, cuio tenor literal é o seguinte:

“Os grupos políticos que conforman a Corporación Municipal de Burela PP, PSdeG-PSOE, BNG e Mixto-CDS, ante a solicitude formulada polo Ministerio de Fomento de información que poida aportar o Concello que sexa de utilidade para a redacción do ESTUDIO INFORMATIVO: NUEVA CARRETERA DE CONEXIÓN ENTRE SAN CIPRIAN Y BARREIROS. PROVINCIA DE LUGO, á vista do informe do Técnico Municipal D. Miguel Angel Ceniceros López, á vista tamén da planimetría onde se indican os emprazamentos das instalacións existentes e previstas, propoñen que por parte da Corporación Municipal de Burela, en sesión a celebrar o vindeiro xoves, día trinta do presente mes de marzo, se adopten os seguintes ACORDOS:

1.- Adherirse ó informe do Técnico Municipal e solicitar do Ministerio de Fomento que o trazado da nova carretera pase polo sur das instalacións existentes e previstas, referenciadas no plano escala 1/8000 adxunto ó informe do Técnico.”

O Pleno da Corporación, por unanimidade, acorda:
Adherirse ó informe do Técnico Municipal e solicitar do Ministerio de Fomento que o trazado da nova carretera pase polo sur das instalacións existentes e previstas, referenciadas no plano escala 1/8000 adxunto ó informe do Técnico.

No estudio informativo que se somete a información pública consta como alternativa unha que se ciñe bastante á proposta feita no seu día polo propio Concello de Burela e que non afecta a núcleos de poboación ou lugares habitados de outros concellos.

Ante a publicación no BOE do indicado anuncio de exposición pública, o Pleno de Burela ratificou este mesmo acordo con carácter de urxencia en sesión ordinaria celebrada o pasado xoves, día 25 do presente mes.

Por eso, e tendo en conta que a proposta que defende a Corporación Municipal de Burela non afecta a lugares habitados, e non hai condicionantes de carácter ambiental, é polo que se propón a adopción do seguinte acordo:

Apoiar o acordo adoptado polo Pleno da Corporación Municipal de Burela e dirixirse ó Ministerio de Fomento para que atenda as peticións do Concello de Burela.

Exit mobile version