Site icon Crónica3.com A Mariña

Pide explicacións o PP de Burela “polo retraso na contratación de socorristas e GRUMIR”

NOTA DE PRENSA

O GMPP pide formalmente a convocatoria da xunta de portavoces para falar do trazado a autovía.
Os populares piden expliacións polo retraso na contratación de socorristas e GRUMIR.
Afirman que é o PP quen leva ó pleno asuntos que afectan ós cidadáns.

O PP de Burela pediralle formalmente no pleno de hoxe ó alcalde que reúna á maior brevidade posible á xunta de portavoces para avaliar e analizar o trazado da autovia Barreiros-San Cibrao que propón o Ministerio de Fomento ó seu paso polo termo municipal de Burela. Os populares entenden que este asunto non pode ter demora,porque o prazo de alegacións é de trinta dias, e xa comenzou a transcurrir.
Asimismo, o PP formulará as preguntas que tiña previsto formular sobre as invitacións e ausencias tanto para o Pregón das Festas Patronais coma para o acto de Homenaxe ó Náufrago.
Igualmente, preguntará polos compromisos do alcalde en materia de abono da productividade dos traballadores do exercicio de 2008 e a nova RPT, que debería estar lista en Marzo, pero que leva o retraso propio do alcalde.
Tamén se interesará o PP pola promoción da zona xeolóxica de Castrelo, e pola presencia no Encontro de Embarcacions Tradicionais de Muros.
En materia de seguridade, os populares queren saber, logo das presas que tiña o bigoberno, especialmente o alcalde e Nieves Cando, para cando se pode contar con socorristas e co GRUMIR, dado que imos chegar ó mes de Xullo que ainda non se pechou o proceso de contratación destes traballadores.
Tamén en mateira de Turismo, o GMPP quere saber que dotación de servicios vai ter a praia de O Cantiño, e para cando a posta en marcha do alumiado do paseo marítimo desa zona.
Finalmente, e ademais de rogarlle a Nieves Cando que busque as follas de asento dos barcos de Burela en Burela mismo, incluso de barcos de finais do século XIX, preguntarán polo grado de execución da Lei de Incendios de Galicia, elaborada polo bipartito da Xunta, no que se refire ó concello de Burela, máis concretamente ós eucaliptos que se atopan a cincuenta metros das edificacións.
Como se pode ver, unha ampla serie de preguntas, relacionadas todas elas con asuntos que lles competen directamente ós cidadáns de Burela, que abarcan moitos dos campos da actuación municipal, e que demostran, unha vez mais, que quen leva asuntos reales ós plenos do concello é o Partido Popular, dada a inactividade do alcalde, que xunto co seu bigoberno é incapaz de artellar proxectos de futuro ou solucións ós problemas que se plantexan no día a día dos veciños e veciñas do noso concello.

Exit mobile version