CERVO .- Persoal das brigadas forestais dependentes da Consellería de Medio Rural están a desenvolver traballos de libramento dos camiños en varios puntos dos montes do termo municipal cervense. Esta labores se están realizar a instancia do Concello de Cervo despois de que os responsables da anterior administración autonómica decidiran o abandono destes traballos sen telos concluído satisfactoriamente. Cando están a piques de cumprirse seis meses da chegada do ciclón Klaus que causou grandes estragos nas extensións forestais deste concello aínda continúan algunha das súas pegadas.
O Alcalde de Cervo Alfonso Villares Bermúdez, veu reivindicando en varias ocasións que estes traballos foran realizados na súa totalidade, posto que aínda faltaban camiños por librar. “Tras o encontro mantido nos pasados días entre o rexedor municipal e o Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juarez, acordouse o envío de dispositivos, persoal e material axeitado para concluír estes traballos”.
“Trátase dun tema de necesidade e urxencia para todos nós, sobre todo atendendo á época na que estamos, próximos ao período estival e, polo tanto, con risco de incendios. Non esquezamos que calquera eventualidade podería poñer en perigo a zona rural deste concello e incluso, espazos habitados”- explicaron desde o Concello de Cervo.
Desde a administración municipal mantiveron contactos cos distintos alcaldes pedáneos para que estes puideran informar sobre os puntos e os espazos nos que existían árbores caídas cortando o tránsito ou dificultando o percorrido nos camiños e pistas forestais.
Desde o hoxe tanto a brigada dependente da Consellería de Medio Rural como operarios municipais do Servizo de Medio Ambiente están a traballar para deixar listos e en perfecto estado todos os camiños. Por todo iso, desde o Concello de Cervo queren agradecer, “como non podería ser doutro xeito a premura e boa disposición do Concelleiro de Medio Rural que contrasta co que acontecía no pasado”