RIBADEO (FNC) .- O responsable de Medio Ambiente do concello de Ribadeo, Horacio Cupeiro, infromou de que “Ribadeo é o concello da Mariña que máis vidro recolleu durante o ano 2008 con 208 toneladas, estamos por enriba de municipios que teñen moita máis poboación que nosoutros. Notóuse con respecto ao 2007 que baixamos en 52 toneladas o que nos indica que o tema da crisis lle está a afectar á poboación. Burela por exemplo neste mesmo período baixou en 132 toneladas. Esto indica que estamos a facer un bó traballo para a recollida do vidro, pero que a crisis sí que se nota moitísimo”.
Horacio Cupeiro, felicita aos veciños de Ribadeo por concienciarse da importancia que ten a recollida selectiva e aos medios de comunicación por contribuir a divulgar os consellos e as recomendacións que se realizan desde o Concello. Cupeiro analiza os datos de impropios ou indebidos que se depositan nos contenedores amarelos “no mes de febreiro tivemos un 26,42%, en marzo 35,55%, en abril o 23,07, en maio o 26,2% e en xuño estamos no 24, 73%. Esto quere dicir que estamos a cumprir as recomendacións da Xunta de Galicia que falan de estar por debaixo do 30%”. O edil nacionalista lembra que “cando eu me fixen cargo desta Delegación de Medio Ambiente estábamos no 52%, quero eso dicir que nos contedores amarelos se estaba a botar a metade de cousas que non se tiñan que botar e agora estamos cumprindo e estamos por debaixo da ratio marcada pola Xunta de Galicia”.
O concelleiro de Medio Ambiente destaca tamén a colaboración cidadá na recollida do aceite doméstico. No mes de marzo foron depositados nos contenedores habilitados para este fin 130 kilos, no mes de abril 140 kilos e no mes de maio 330. Horacio Cupeiro asegura que “cada día que pasa o esforzo que están a facer os veciños é maior, e volvo a felicitalos por elo porque de pouco valería traballar tan duramente se despois eles non desen a resposta axeitada”.