Site icon Crónica3.com A Mariña

Os resultados das europeas teñen contentos aos do PP de Burela

NOTA DE PRENSA
O PP considera positivos os resultados das eleccións europeas.

Aseguran que o PP é a única forza que sube en porcentaxe e en número de votos.

Lembran que foi o único partido que tivo interventores en todas as mesas electorais.

O PP de Burela fixo pública unha nota de prensa na que se felicita polos resultados acadados nas eleccións europeas celebradas o pasado domingo, a pesares da elevada abstención.

Os populares afirman que o PP segue a ser a forza política máis forte em Burela, xa que acadou o 56% dos votos, e aumentou en cento setenta votos con respecto ás europeas de hai cinco anos. O PP saca cáseque quinientos votos máis ca PSOE e BNG xuntos. Pola contra, tanto PSOE coma BNG perden votos e baixan en porcentaxes.

Os populares achacan o incremento da abstención ó carácter festivo do pasado domingo e a que pola tarde a climatoloxía non axudaba especialmente a sair da casa. Pero tamén afirman que estas circunstancias foron as mesmas para todos, e que sendo así o único partido que sube é o PP.

Igualmente, lembran que o PP foi o único partido que contou con interventores en todas as mesas electorais, ainda estando na oposición no concello de Burela. Para o PP, que o PSOE e o BNG non contaran con interventores é algo curioso e hasta certo punto sorprendente, pero eles saberán porqué o fixeron así.

Os populares consideran que os resultados electorais non se deben extrapolar, pero a tendencia é boa, polo que entenden que o camiño que se está a seguir é o correcto, presentando alternativas e facendo crítica do pouco que fan os “socios” do bigoberno burelés.

O PP non entran a facer valoracions sobre os resultados acadados polos socialistas, que perden cento cincuenta votos e tres puntos e medio, e os do Bloque, que perden cento dezaseis votos e tres puntos e medio en porcentaxe. A perda do Bloque supón a terceira parte dos votos que conseguiron nas europeas de 2004.

Por último, desde o PP agradecen a todos os votantes a súa participación, con especial mención ós que optaron polas papeletas do PP, e sobre de todo estende o agradecemento ós interventores e apoderados que estiveron activos durante a xornada electoral.

Exit mobile version