O rexedor destacou unha das novidades desta edición do Ribadeo de tapeo “por iniciativa dos galardoados haberá unha degustación gratuita este xoves de oito da tarde a once da noite das tapas que resultaron premiadas. Pizzbur, A Lira, O Alén O Cantón e Bar Galicia queren convidar a todos aquelas persoas que queiran acudir a probar as tapas que foron merecedoras dos premios nesta cuarta edición”.
E tamén se celebrou o sorteo de agasallos entre as persoas que probaron 17 ou máis tapas no Ribadeo de tapeo que disfrutarán dunha estancia de dúas noites nun balneiro e de dúas noites tamén nunha casa de turismo rural. Os afortunados son: Carlos Lagarón Gómez (turismo rural) e Carmela Cociña (balneario).