Site icon Crónica3.com A Mariña

Os areais de Barreiros contarán con suficiente vixilancia e recollida selectiva de lixo

BARREIROS (FNC) .- Os areais de Barreiros estarán vixiados desde esta fin de semana por 10 socorristas que se incorporaron ós seus postos de traballo o pasado 15 de xuño. O rexedor, Alfonso Fuente, sinala que “están operativos desde o luns, pero dependendo do tempo e como non houbo días de sol, estiveron preparando todo o material e a partires desta fin de semana está todo preparado. E a partires do 1 de xullo incorporaranse outros 20 socorristas máis”.

O alcalde explica que “estes dez primeiros que comezaron a traballar o luns estarán ata o 15 de setembro. Foron contratados con cargo ós plans de cooperación local da Xunta e os 20 que se incorporan o 1 de xullo son costeados, coma todos os anos, polo Concello de Barreiros con cargo ós presupostos municipais. Estes están ata o 31 de agosto”.

Ata o pasado 15 de xuño varios voluntarios velaron pola seguridade dos bañistas que se achegaron ás praias de Barreiros na primeira quincena deste mes.

Alfonso Fuente lembra que “desde primeiros de xuño tamén hai dez persoas traballando na colocación do mobiliarios das praias, as sombrillas, as papeleiras… este ano volvemos ter a recollida selectiva nas praias, incorporamos unha praia máis a esta recollida e xa a temos na práctica totalidade dos areais. Estamos poñendo todo a punto e estamos agardando a que mellore o tempo para que a xente poida gozar das nosas praias”.

O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, acude esta tarde en Miño ó acto de recollida das oito bandeiras azuis que recibiron as praias deste municipio.

Exit mobile version