RIBADEO .- O Sporting de Gijon é o novo Campeon do II Torneo Futbol Base da SD Ribadeo, tras gañar na final por un contundente 5-0 ao Real Oviedo, o terceiro Clasificado foi o Sniace de Cantabria e o 4º posto para o Andes Cf.
Gran afluencia de publico nos días de desenvolvemento do torneo no que se puido gozar dun gran nivel de futbol e deportividade. O Sporting de Gijon desenvolveu un bo nivel de xogo.
O II Torneo de Futbol Base en categoría infantil organizado pola SD Ribadeo, conto coa colaboración do Excmo Concello de Ribadeo- Concellaria de Deportes, Deputacion Provincial de Lugo-Area de Deportes . Tamén Colaborou coa SD Ribadeo neste evento a Asociacion Deportiva de Veteranos do Ribadeo FC.
A próxima fin de semana desenvolvésese a fase final do Torneo Futbol Base en Categorias Alevin e Benjamin.