Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE insta ao alcalde de Cervo a denunciar o roubo da placa da piscina “desaparecida”

NOTA DE PRENSA

O Grupo Municipal Socialista insta ao alcalde a que denuncie o robo da placa da piscina se realmente está “desaparecida”

O PSOE reta ao alcalde a que diga qué artículo do regulamento impide a entrada dos concelleiros ás instalacións municipais

O Grupo Municipal Socialista de Cervo quere contestar as declaracións esperpénticas de Alfonso Villares en relación coa desaparición da placa da piscina municipal. Para nos, o intento do PP de Cervo de achacar aos Socialistas a desaparición da placa do ex-alcalde Roberto Alvarez, e unha fuxida en toda regla, ante un problema que dende o propio Concello están a crear ao negarse a colocala no seu momento, tras reiteradas peticións durante os dous últimos anos.
Chámanos a atención especialmente que o alcalde quera que sexa o Concello e non a Garda Civil quen investigue a desaparición da placa, e non entendemos porque a día de hoxe o Concello de Cervo non denunciou a súa desaparición.
Por si fora pouco o alcalde sospeita que a desaparición da placa foi o día no que os concelleiros socialistas entramos nas instalacións municipais (19 de maio) a comprobar que estaba alí, entrando en contradicción coas declaracións escritas que enviou ao Valedor o día anterior, 18 de maio nas que asegura que a placa nesa data non está. ¿Se a placa non está o 18 de maio, coma é posible que os concelleiros a “robaran” o 19?.
En canto a negarnos o acceso ás instalacións municipais, retamos ao alcalde a que diga en qué artículo do regulamento prohíbese aos concelleiros o acceso ás instalacións municipais. Os concelleiros socialistas “xa somos maiorciños para que ningún outro concelleiro do equipo de Goberno teña que tutelar as visitas que facemos ás dependencias municipais”.
Desta maneira, imos seguir acudindo a todas e cada unha das instalacións do concello, porque ademais é a nosa obligación comprobar o estado das mesmas.

Pedímoslle ao Alcalde que tamén poña mais empeño en custodiar os bens do concello, posto que se é incapaz de impedir que alguén roube unha placa, calqueira día róubanlle a alcaldía e non se entera.

Exit mobile version