NOTA DE PRENSA
Incertidumbre dos veciños de San Ciprián, ante a falla de noticias sobre as festas do Carmen
Os veciños de Cervo, e mais concretamente os de san Ciprian temen que este ano non se celebran as festas patronais, á vista da falla de información por parte do Concello. A comisión encargada de organizar as festas, dimiteu e o Concello aínda non moveu ficha, a pesares de que só resta un mes para a celebración do Carmen.
A estas alturas do ano, con tódalas actuacións xa pechadas no resto dos concellos de Galicia, vai ser dificil garantir unha calidade mínima aos veciños de San Ciprián en canto a actuacións musicais. Este caso é un exemplo mais da nula planificación por parte do concello, que a pesar de saber dende fai meses que non había comisión, deixou pasar o tempo sen mover un dedo. Temos que lembrar que hai que pedir polas casas, organizar as actividades e o programa e que todo esto require un tempo que non temos. Pedimos ao concello que aclare polo tanto como se vai a xestionar este tema tan sensible.
Dende o Grupo Municipal Socialista queremos tranquilizar aos veciños, pois estamos convencidos de que as festas vanse a celebrar, pois de non facelo, suporía un castigo para o Alcalde e o Partido Popular.
O malo é que os experimentos a un mes da celebración das festas patronais, poden supoñer unha merma na calidade das festas que coma sempre, sofrirán os veciños.