Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente da Deputación visitou obras do parque de Barreiros e da área deportiva de Viveiro

A MARIÑA .-O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, visitou as obras que o organismo provincial está a realizar no parque de bombeiros de Barreiros e na área deportiva de Viveiro. Con respecto ao parque de Barreiros Gómez Besteiro indicou que “para nós é prioritario que este parque entre en funcionamento canto antes, pero tivemos que agardar a que o Concello de Barreiros nos concedese a licenza para poder entrar a traballar no inmoble e deixalo en condicións axeitadas”.
Nota de Prensa

Gómez Besteiro visita o arranque das obras do Parque de Barreiros e da área deportiva de Viveiro
– O Presidente da Deputación supervisa actuacións do organismo provincial por máis 1,2 millóns de euros na Mariña
– Tan só unha semana despois do compromiso asumido polo máximo responsable provincial en Viveiro, comezaron as obras de rexeneración medioambiental en Lavandeiras

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, visitou este luns as obras que o organismo provincial está a realizar no parque de bombeiros de Barreiros, nas que se invisten 160.000 euros. Gómez Besteiro dixo que “queremos prestar ós veciños un servizo de calidade e por iso é necesario realizar estas obras, xa que cando se construíu este edificio, hai máis de catro anos, non se tiveron en conta cuestións básicas como o acceso dos vehículos ou o abastecemento de auga”. O Presidente subliñou que “para nós é prioritario que este parque entre en funcionamento canto antes, pero tivemos que agardar a que o Concello de Barreiros nos concedese a licenza para poder entrar a traballar no inmoble e deixalo en condicións axeitadas”.

Na súa visita, na que estivo acompañado pola Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e o Alcade de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, o máximo responsable provincial destacou a “velocidade de cruceiro que lle imprimimos a todo o proceso para dotar á nosa provincia dun servizo imprescindible. En tan só dous anos pasamos de non ter ningún parque á construción de cinco”.

Polo que se refire ó acondicionamento do parque de Barreiros, a Deputación destina 30.000 euros ós traballos de adecuación do edificio, que inclúen o remozado das paredes do inmoble, o subministro eléctrico e a posta a punto das instalacións. Ademais, xa comezaron os traballos do peche da parcela e a continuación farase o vial que comunicará o parque coa estrada, e construirase o depósito da auga Neste caso, o Consorcio Provincial de Bombeiros, que financian ó 50% a Deputación e a Xunta de Galicia, inviste 131.000 euros.

José Ramón Gómez Besteiro anunciou que en quince días se celebrará o Pleno do Consorcio de Bombeiros. “Agardamos que nesa data a Xunta da Galicia teña feitos os deberes e que xa designase ós seus representantes, porque estes temas que non poden agardar”.

Pola súa banda, o Alcalde barreirense destacou que “estas obras son moi positivas e moi necesarias para a Mariña. O feito de que esté hoxe aquí o Presidente avalándoas é unha garantía para todos”.
Obras en Lavandeiras
Gómez Besteiro tamén realizou este luns unha visita ó Concello de Viveiro -a segunda en 10 días- para supervisar as obras de recuperación  medioambiental que está a levar a cabo a Deputación en Lavandeiras e que comezaron tan só unha semana despois do compromiso que asumiu o Presidente ante o Alcalde viveirense, Melchor Roel, o 28 de maio.

Esta actuación responde ó cumprimento da segunda parte do acordo adoptado polo Pleno de Viveiro, xa que a primeira parte consistía en recabar o apoio da Deputación para dotar de céspede artificial ó campo do Cembedo. A nova dotación deportiva estará situada ó carón da outra gran infraestrutura que co-financia a Deputación en Viveiro: o parque de bombeiros.

Este proxecto, no que o organismo provincial inviste más de un millón de euros, prevé o acondicionamento medioambiental desta zona, que se atopa moi deteriorada, co fin de crear un novo campo de fútbol e pistas de atletismo. “Démoslle a máxima prioridade a esta actuación porque, ademais de dotar ó Concello viveirense de importantes infrestruturas, consideramos que é necesario mellorar a imaxe deste contorno, que será unha boa tarxeta de presentación do municipio”.

Neste senso, subliñou a importancia das futuras pistas de atletismo, que serán as únicas, entre Ferrol e Xixón, que cumpran exactamente as medidas regulamentarias.

Exit mobile version