RIBADEO .- O presidente de Novas Xeracións do Partido Popular en Ribadeo, Daniel Veiga, sufriu un accidente laboral na cooperativa agraria onde traballa, na localidade de Bretoña, pertencente ao municipio da Pastoriza. Daniel Veiga, de 25 anos, foi ingresado no Hospital Xeral de Lugo con lesións graves nunha perna ocasionadas ao caerlle encima unha carretilla elevadora coa que estaba traballando.