Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP quere que a Garda Civil do Mar de Viveiro entre en servizo

NOTA DE PRENSA
O GPPP quere que a Garda Civil do Mar de Viveiro entre xa en servicio

* Os populares levan mañá ó pleno da Deputación unha moción na que suliñan que a inoperancia deste servicio fai que a costa lucense careza da protección e vixiancia que precisa

Lugo, a 29 de xuño de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular levará mañá o pleno da Deputación unha moción na que avogan porque entre xa en funcionamento a sede da Garda Civil do Mar de Viveiro

Nela propoñen á Deputación que inste ó Goberno central a que, á maior brevidade posible, desenvolva as xestións oportunas para que reforce e incremente os servizos de vixilancia e control dispostos na franxa costeira da Mariña lucense e, nomeadamente, a:

1º-) Dotar dun cadro de persoal administrativo, medios técnicos e efectivos humanos en número suficiente para a posta en marcha e apertura da sede da Garda Civil do Mar na localidade de Viveiro.

2º- ) Dar traslado do presente acordo ós Ministerio do Interior e de Economía e Facenda, dependentes da Administración central, así como ós voceiros dos Grupos Parlamentarios do PP, PSOE e BNG nas Cortes Xerais.

Os populares lembran que pese a que as obras da sede da Garda Civil do Mar contigua ó porto deportivo de Viveiro remataron hai xa preto de catro anos e que incluso se dispuxeron as dotacións e pantaláns necesarios para desenvolver estes cometidos, o despregamento destes importantes efectivos non se ten producido ata o momento, polo que resulta máis que evidente que na nosa costa non se está a contar coa protección e vixilancia debida.

Exit mobile version