Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP polemiza co BNG de Burela sobre a galescola

COMUNICADO

ESCOLA INFANTIL DE BURELA

En relación coas afirmacións realizadas pola voceira do BNG de Burela, respecto das xestións que está a desenvolver a área de Benestar da Xunta de Galicia para amañar as deficiencias que veñen afectando desde fai sete meses á cuberta da Escola Infantil desta localidade quero clarexar o seguinte:

PRIMEIRO.- Non é intención deste deputado contribuír a seguir polemizando respecto desta cuestión pois o prioritario é que xa existe un compromiso concreto da nova administración autonómica de amañar estas deficiencias no mes de agosto, coincidindo coas vacacións dos nenos e nenas que fan uso deste servizo

SEGUNDO.- Teño coñecemento que desde a Secretaría Xeral de Benestar se remitirá unha comunicación oficial que vén a desmontar unha por unha as mentiras e imprecisións que mantiña a concelleira nacionalista Neves Cando. Nese senso, quixera manifestar a miña adhesión ao contido íntegro desa comunicación oficial.

José Manuel Balseiro Orol

Exit mobile version