Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP exculpa a Xunta e sinala que a Deputación non cumpliu co parque de bombeiros de Barreiros

Nota de Prensa

O GPPP advírtelle á Deputación que non eluda as súas responsabilidades

•    O voceiro adxunto dos populares, José María González Barcia, afirma que Lara Méndez non cumpliu a súa palabra co parque de bombeiros de Barreiros

O GPPP manifestou hoxe que as visitas de Besteiro e Méndez a Barreiros e Viveiro quedan moi ben a nivel de propaganda pero non teñen ningunha efectividade. Os populares pídenlle á Deputación que non eluda as súas responsabilidades, e que non tente culpar á Xunta da súa propia falla de xestión.

O voceiro adxunto do GPPP, José María González Barcia, manifestou hoxe que é lamentable que durante dous anos de coincidencia no tempo do bipartito da Xunta e do bipartito na Deputación non fosen capaces nin tan siquera de rematar a construcción dos outros catro parques de bombeiros da rede provincial. Eso sí, segundo Barcia, adquiríronse cinco bombas nodriza e outro material que están gardados en naves, alguna da provincia de A Coruña, e totalmente inoperativos.

González Barcia lembra tamén que os cidadáns da Mariña non se poden fiar de Lara Méndez. Méndez, xa pouco despois de ser nomeada vicepresidenta segunda da Deputación, manifestou que o parque de bombeiros de Barreiros estaría aberto no primeiro trimestre de 2008. E mentiu, porque o parque segue sen abrir.

No tocante ó persoal, Barcia lembra que a súa contratación non tén nada que ver coa renovación dos postos no consorcio provincial. Pide, por tanto, que se aclare si se van contratar todos os postos de traballo previstos ou só se van contratar os que corresponden a Barreiros, que será o primeiro parque en abrir.

González Barcia manifestou ademais que a Deputación tenta culpar á Xunta do retraso na transferencia dos hospitais, pero o certo é que en dous anos a Diputación o único que fixo foi segregar os edificios do San José e do San Rafael das súas fincas matrices. Nin tan siquera os termos dos posibles acordos acadados entre Xunta e Deputación foron levados a pleno para a súa ratificación.

Exit mobile version