Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que hai caciqueo nas axudas da Deputación ás asociacións de veciños

NOTA DE PRENSA
O GPPP DENUNCIA O CACIQUEO DO PSOE NAS AXUDAS DA DEPUTACIÓN ÁS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS

* O voceiro adxunto dos populares afirma que se están anunciando as contías a percibir sen terse reunido sequera a mesa de valoración

* Os populares califican de “clientelar” e “partidista” o xeito de actuar por parte da administración provincial

Lugo, a 4 de xuño de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular denunciou o “caciqueo” que está a practicar o PSOE na tramitación das axudas da Deputación ás asociacións veciñais para a execución de pequenas obras.

O voceiro adxunto dos populares na Deputación, José María González Barcia, afirmou que son os concelleiros socialistas ou os responsables locais do partido os que tramitan este tipo de axudas. “Hai que pasar polo local do PSOE a narices”, afirma Barcia. Igualmente, asegura que a estas alturas xa hai asociacións que saben a cantidade que van recibir e eso que nin tan sequera se ten reunido aínda a mesa de valoración preceptiva segundo se estipula nas bases da convocatoria.

Así, González Barcia afirma que, por exemplo, o alcalde de Burela, e secretario xeral do PSOE local, xa anunciou ós medios de comunicación cantas e cales son as axudas que recibirá o seu concello; e que en municipios coma Barreiros, Begonte, Portomarín ou Palas de Rei, por só nomear algúns, tamén hai asociacións que saben xa o que van recibir.

Para o voceiro adxunto dos populares esta práctica é “absolutamente clientelar” e non responde a “eses novos tempos que anunciaba Besteiro”.

“Son precisamente os socialistas os que resultan ser alumnos aventaxados do caciquismo e do clientelismo, e os que usan a Deputación coma se fose un ben propio e cun claro carácter partidista no que avergoña a falla de transparencia”, engadiu.

Exit mobile version