NOTA DE PRENSA
O PP DE LUGO AMOSA A SÚA SATISFACCIÓN POLA DESIGNACIÓN DE CASTIÑEIRA, GARCÍA PACÍN E VARELA PARA DIRIXIR A COMISIÓN DE ASUNTOS EUROPEOS
* Para os populares estes nomeamentos constitúen unha sólida e comprometida garantía de que os intereses dos gandeiros e pescadores lucenses serán defendidos con contundencia
Lugo, a 3 de xuño de 2009.- Os intereses do sector primario da provincia de Lugo, tanto o gandeiro coma o pesqueiro, contan, ó entender do Partido Popular de Lugo, con tres férreos defensores dos seus intereses na Comisión de Asuntos Europeos constituida hoxe no Parlamento galego. Así, estará presidida por Jaime Castiñeira; Isabel García Pacín será a súa vicepresidenta e Daniel Varela o seu voceiro.
Para o Partido Popular de Lugo a designación dos deputados lucenses para ocupar estes postos, ademais de constituir un reforzo máis na presencia e na asunción das diferentes responsabilidades acadadas polos representantes lucenses no Parlamento en nas distintas áreas do Goberno galego, é unha clara e decidida aposta por un dos sectores productivos básicos da economía da provincia.
Salientan os populares lucenses que o compromiso do Partido Popular cos gandeiro e pescadores lucense foi sempre unha das súas prioridades pola gran trascendencia que ambos colectivos teñen tanto no que respecta ó eido económico como social no conxunto da provincia.
Unha prioridade que se mantén e que se reafirma co nomeamento dos tres deputados lucenses para ocupar os principais postos de decisión na Comisión de Asuntos Europeos, conscentes de que Galicia en xeral e a provincia de Lugo en particular xógase moito no contexto da Unión Europea e no desenvolvemento e aplicación das distintas normativas europeas nestes ámbitos.
O PP de Lugo, ó tempo que amosou a súa satisfacción por estes nomeamentos, suliñando a valía e compromiso dos tres deputados autonómicos aludidos, fixo fincapé en que a boa nova ten tamén que ser entendida como unha garantía para o sector primario lucense de que os seus intereses e as súas demandas serán entidadas e defendidas con contundencia dende esta comisión recién constituida.