Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Lourenza reclama á Deputación o ascensor do concello

NOTA DE PRENSA
Os populares afirman que a Deputación perxudica ó Concello de Lourenzá

* Aseguran que a Administración provincial rescindiu o contrato que había coa empresa adxudicataria para a colocación dun ascensor na casa consistorial

Lourenzá, a 26 de xuño de 2009.- O Partido Popular denunciou hoxe que a Deputación perxudica claramente ós veciños de Lourenzá ó deixar que se perdan investimentos procedentes do Estado, xa que non se colocará o ascensor co que estaba previsto dotar á Casa do Concello.

Os populares lembran que esta obra fora adxudicada en setembro de 2006 polo anterior equipo da Deputación, dentro dun plano de mellora da accesibilidade en depedencias municipais nos concellos da provincia. Xunto co de Lourenzá, adxudicarase tamén o da Casa Consistorial de Mondoñedo, que correrá a mesma sorte.

Para o PP, é inaudito que a Deputación non fixera nada por executar este proxecto en dous anos, e que só pasaba por incrementar en 5.600 euros a inversión prevista inicialmente, que era a mellora que había que introducir para que o proxecto fose realmente executable, como así consta no correspondente expediente.

O pasado mes de setembro, o PP interesouse no pleno da Deputación por esta obra, pero o Presidente deu largas ó asunto.

A empresa, farta de esperar, e logo de enviar escritos pedindo a finalización dos trámites para comenzar a obra, optou por pedir a rescisión do contrato, dada a inoperancia da Deputación. Deste xeito, entre todos os lucenses, incluidos os de Lourezná, teremos que pagar 3.174’00€ pola rescisión do contrato.

Con esto demostrase, ó entender dos populares, que a Deputación non tiña ningún interese en colocar estes ascensores, especialmente o de Lourenzá, como o demostra que fixo caso omiso a unha moción aprobada por unanimidade pola propia corporación do Concello de Lourenzá.

Exit mobile version