Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela quere saber “quenes son os responsables do acto de homenaxe ós náufragos”

Nota de Prtensa

O GMPP quere saber quenes son os responsables do acto de homenaxe ós náufragos.

Os populares sospeitan que tampouco foi invitado o sector mariñeiro.

Levarán este asunto ó pleno ordinário deste mes.

O Grupo Municipal do Partido Popular de Burela levará a pleno o acto celebrado polo goberno municipal o pasado martes, día nove de Xuño, de homenaxe ós náufragos. A este acto non asistiu ningún membro do GMPP pola sinxela razón de que non foron invitados.

Ademais, o GMPP puido saber que non había ningún representante do sector pesqueiro no acto, o que fai que o comportamento do alcalde sexa ainda máis indecoroso e impresentable.

Os populares presentarán a iniciativa para saber quen programou o acto, e cales foron os motivos para non invitar á Confraría de Pescadores, que tampouco asistiu ó acto, nin a ningunha institución ou organización vencellada co mundo do mar, polo que temos que deducir que tampouco foron invitadas. Asimismo, o GMPP quere saber quen era a persoa ou persoas encargadas de cursar as invitacións, no caso de que as houbera, e quen pagou as flores. Se o acto é exclusivo dos concelleiros do bigoberno, deben pagalas eles dos seus bolsillos.

Esto mesmo aconteceu co pregón das festas. A ausencia de representantes do sector pesqueiro causou asombro, porque foi a primeira vez na historia na que non había nin un só representante do sector do mar no pregón das festas.

Para o GMPP alguén ten que dar explicacións do que pasou, porque o que demostraron o alcalde e Nieves Cando foi unha absoluta falta de respecto, que raia no desprecio, ó sector mariñeiro, ás institucións que representan a este sector, e en conxunto unha falla de respecto co que representa o mundo do mar para a sociedade burelesa.

E alguén ten que asumir a responsabilidade, e non limitarse a pedir disculpas; a persoa ou persoas responsables deste desaguisado non poden continuar nin un minuto máis no cargo ou posto que ocupe na actualidade, sexa quen sexa.

O GMPP fai unha advertencia ós veciños de Burela: se esto aconteceu así, que lle espera a Burela con outras cuestións. Burela non se merece un alcalde e uns concelleiros coma estes, porque denigran ó propio pobo de Burela.

Exit mobile version