Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela pide posta en marcha do servicio da Garda Civil do Mar en Viveiro

Nota de Prensa

O GMPP de Burela pide que se mellore a vixiancia no mar.
Manuel Fernández e Pablo Pernas solicitan que se poña en marcha a Garda Civil do Mar de Viveiro e se solucione a problemática do Servicio de Vixiancia Aduaneira de Ribadeo.
Os populares presentan outra moción solicitando que non se instalen parques eólicos mariños.

O GMPP de Burela vén de presentar unha moción no concello para que a Corporación se pronuncie a favor de millorar a vixiancia e a loita contra a delincuencia a través da posta en marcha do Servicio da Garda Civil do Mar en Viveiro, e de que se solucione a problemática do Servicio de Vixiancia Aduaneira de Ribadeo.
Manuel Fernández e Pablo Pernas consideran que a Garda Civil do Mar debería estar xa ubicada e totalmente operativa en Viveiro, porque as instalacións están listas desde hai catro anos. Os dous edís populares consideran que a situación actual non beneficia en nada a loita contra a delincuencia e a vixiancia no mar, senón que a empeora, por falla de efectivos e medios.
Pablo Pernas e Manuel Fernández tamén consideran que se debe dar, e canto antes, unha solución definitiva á situación do Servicio de Vixiancia Aduaneira de Ribadeo. A presencia dunha segunda lancha é temporal, polo que a Axencia Tributaria, que é de quen depende, debe arbitrar solucións definitivas.
Os populares entenden que o concello de Burela, dadas as súas características, non debe esquecer a importancia destes dous servicios, de aí que se trasladen estas inquedanzas ó Pleno da Corporacion para que este se defina.
Noutro orde de cousas, os populares veñen de presentar unha moción no concello para esixirlle ó Goberno Central que paralice o Plano de Instalación de Parques Eólicos Mariños. Os populares entenden que, no caso de Burela, tendo en conta a importante flota coa que conta o porto, os danos á economía pesqueira poden ser importantes. Igualmente, desde o punto de vista medioambiental poden supoñer un grave perxucio para o medio mariño.

Exit mobile version