NOTA DE PRENSA
O GMPP de Burela pide melloras no espigón da Marosa.
Luis Pedre e González Barcia cren que milloraría a seguridade.
Os populares lembran que desde sempre houbo boa relación entre o Concello e Costas.
O GMPP de Burela solicita que o concello inste ó Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, para que, a través do Servicio Provincial de Costas, se redacte o correspondente proxecto e se consignen cartos nos presupostos do Estado de 2010 para facer as actuacións pertinentes no espigón da praia de A Marosa.
O GMPP fai estas peticións a través dunha moción presentada polos concelleiros Luis Miguel Pedre e José María González Barcia, e que se debatirá no pleno que se celebrará mañán, xoves.
Segundo Luis Miguel Pedre, a situación do espigón non é a óptima para garantir a seguridade dos usuarios da praia, dado que as pedras que o compoñen movéronse bastante durante o inverno.
Pedre considera que as obras deberían facerse ou inmediatamente antes ou inmediatamente despois do verán de 2010, para non entrar no inverno. Ademais, debería estudiarse o recrecido, o alineamento e mesmo a lonxitude do espigón, para garantir unha maior seguridade, unha menor incidencia das correntes na propia praia, e unha maior vida ó propio espigón.
Luis Pedre entende que esta actuación non debería revestir ningún problema, dada a excelente sintonía que, desde sempre, mantivo o concello de Burela con Costas, e a receptivade que sempre tivo Costas cos plantexamentos que se fixeron desde o Concello, como o demostran os paseos marítimos de A Marosa e os dous de O Cantiño. Finalmente, os populares non descartarían que estas mesmas actuacións se levaran a cabo nos espigóns da Praia de O Portelo.