Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela critica a recollida de bandeiras azuis e pide que a Deputación axilice pagos

NOTA DE PRENSA

O GMPP quere que a Deputación axilice os pagos a asociacións e colectivos.

González Barcia e Cristóbal Edrosa afirman que hai retrasos de hasta seis meses.

Os populares consideran que os retrasos poñen en dificultade ós colectivos.

O GMPP de Burela solicita que o concello inste á Deputación Provincial de Lugo a que abone no prazo de dous meses, logo da presentación da correspondente xustificación documental, as subvencións a asociacións deportivas e culturais concedidas para realizar as súas actividades, e tamén ás asociacións veciñais que reciben aportacións para pequenas obras de infraestructuras.

Así o indican nunha moción presentada no concello de Burela por González Barcia e Cristóbal Edrosa, porque entenden que os retrasos que se están a producir, incluso de seis meses, poñen en situación difícil a eses colectivos, que xeralmente retrasan tamén os seus pagos, por falla de liquidez económica.

Os populares aseguran que todos os colectivos de Burela que solicitaron subvencions á Deputación, ou as teñen nominativas, están a sufrir retrasos importantes no cobro das subvencións. E en certos casos diríxense ó concello para solicitar que este axilice os trámites.

Polo tanto, Barcia e Edrosa consideran que o concello debe defender ós colectivos e asociacións burelesas, e de aí a presentación de esta moción.

O propio González Barcia, na súa condición de portavoz adxunto do Grupo Provincial Popular, tén detectado máis queixas de colectivos e asociacións de outros concellos, e non descartan trasladar esta mesma moción ós concellos con asociacións ou colectivos afectados por estes retrasos.

O GMPP pregúntase que fan tres persoas para recoller as bandeiras azuis.

Consideran que teñen pouco que facer no concello e por eso viaxan.

Os populares recoñecen a importancia de contar con bandeiras azuis.

O GPPP denunciou hoxe que non é lóxico que viaxen tres persoas do bigoberno a Miño para recoller as bandeiras azuis, porque o mais normal é que fose o alcalde ou un concelleiro, como se fixo na maioria dos casos. Cabe preguntarse que fan as tres persoas, a non ser que un solo teña medo a perderse polo camiño.

Os populares consideran que eso sería entendible se fosen a Santiago, e cada un deles aproveitase para facer outras xestións, pero ir a Miño, tres persoas, a buscar cinco bandeiras, que tampouco son execesivamente pesadas, non deixa de ser unha viva mostra de que teñen mui pouquiño que facer no concello e por eso viaxan.

O GMPP recoñece a bondade de contar con bandeiras azuis; de feito, lembra que a de Portelo, a do Barco Museo, e a da Aula de Educación Ambiental GAIA conseguíronse co PP no concello, e tamén co PP no concello se solicitou por primeira vez a de Ril.

Para o PP, o mérito é dos cidadáns, e para eles son estes distintivos. Pero o PP aproveita para criticar que un ano máis hai retrasos nas infraestructuras das praias, porque a día de onte, xoves, Portelo estaba sen equipar, faltaban as cabinas hixiénicas e de socorristas en Ril e en Portelo, e ainda non se conta con socorristas. Retrasos e situacións que son só culpa da vagancia do alcalde e dos seus concelleiros e da súa falla de previsión.

Exit mobile version