Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela critica a política de persoal do concello

NOTA DE PRENSA DO GMPP DE BURELA
NOTA DE PRENSA:
O GMPP de Burela afirma que o alcalde ainda non abonou a productividade de 2008.

Os populares califican a política de persoal de “deslabazada e incoherente”.

Critican que o alcalde anunciara a nova RPT para Marzo e que tampouco nada se sabe.

O GMPP de Burela afirmou hoxe nunha nota de prensa que o Concello de Burela ainda non abonou ós seus traballadores o complemento de productividade do ano 2008, co que está a incumplir o propio convenio asinado cos traballadores, e mesmo un acordo plenario de finais do pasado ano, polo que se estableceron os criterios de abono da indicada productividade.

Os populares, que lembran que co goberno municipal do PP a productividade tiña sido eliminada e incluida no propio soldo no anterior convenio colectivo, de 2005, afirman que o alcalde está xogando alegremente cos cartos que lle corresponden ós traballadores. O PP lembra que os criterios aprobáronse coa abstención do PP, e os argumentos que se manexaron polo bigoberno reducíanse a que había que abonar o complemento en tempo.

Pois ben, a día de hoxe nada se sabe de cando se efectuarán tales pagos, que poderían supoñer un total de dous millóns das antigas pesetas. E eso que en marzo os xefes de departamento pasaron os correspondentes datos ó alcalde.

Esto demostra que a polìtica de persoal do alcalde é absolutamente deslabazada e incoherente, porque Remedios López tomou o concello coma se fose a súa casa, ainda que ben que se preocupou ela de buscarse acomodo laboral. E o alcalde, que é a máxima autoridade en materia de persoal, non a exerce.

Ademais, este retraso non debe considerarse anómalo. É a forma de actuar do alcalde, sempre lento e con pouca querencia polo traballo e pola axilidade. Se tardou un ano en elaborar un convenio colectivo, un retraso de seis meses pode considerarse como mal menor.

O mesmo pasa coa Relación de Postos de Traballo, RPT. Cando se aprobou o convenio en vigor, manifestou que en Marzo do presente ano estaría lista a nova RPT. A día de hoxe, nada se sabe da mesma, ainda que neste caso o retraso é só de tres meses.

O que si é certo é que o alcalde non é de fiar, porque a súa palabra non é creíble, como queda demostrado co incumplimento reiterado de prazos e de compromisos. Cando di que se compromete a algo, é para poñerse a temblar.

Exit mobile version