Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP apoia a adaptación da flota en consenso co sector

NOTA DE PRENSA
José Manuel Balseiro razoa a idoneidade de ditos proxectos en base a aspectos ambientais, económicos e sociais
O GRUPO POPULAR APOIA OS PLANS DE ADAPTACIÓN DA FLOTA QUE NAZAN A PROPOSTA E CO CONSENSO DO SECTOR

* “Temos unha verdadeira oportunidade de reestruturar a flota con cartos procedentes da Unión Europea que asumiria o 95% do gasto total”.

Santiago, 04 de xuño de 2009.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, explicou no seo da Comisión de Pesca celebrada na mañá de hoxe no Parlamento de Galicia que a súa formación política apoiará os plans de adaptación da flota sempre que nazan a proposta ou en consenso co sector pesqueiro.

O deputado popular explicou que estes plans contribuirán á adaptación da nosa flota a criterios de índole ambiental, económico ou social. No aspecto ambiental subliñaron que un menor esforzo pesqueiro permitirá aumentar a capacidade de regulación dos caladoiros e a das embarcacións. Desde o punto de vista económico permitirase a eliminación de unidades non rendibles ou pouco competitivas, nun sector que tras a mala xestión dos anteriores responsables autonómicos de Pesca deixaron á beira da ruína. Finalmente, os plans de adaptación da flota, desde o punto de vista social, permitirán o abandono da actividade dunha maneira digna e con axudas económicas a armadores e tripulantes.

“Temos unha verdadeira oportunidade de reestructurar a flota” –explicou o voceiro popular- “cuns cartos adiantados (aprox. 45 M€) que se ían perder se non se xestionase correctamente, algo que con vostedes no Goberno era case seguro e cun custo mínimo para Galicia e España, xa que a UE asume o 95% do gasto”.

Balseiro Orol clarexou tamén que estes plans non terán unha incidencia real respecto da destrucción do emprego xa que veñen a garantir a supervivencia das empresas que doutro xeito están condenadas á quebra “Isto si implicaría un custe inaceptable en materia de postos de traballo que debemos evitar”. A maiores, tamén recalcou que non se está a dicir a verdade, xa que a flota obxecto de reestruturación é exclusivamente de antigüidade maior a 10 anos.

Segundo o PPdeG, os nacionalistas coa súa oposición ao desenvolvemento deste tipo de plans “viven ancarados ao pasado e alleos ás necesidades do sector”. Todo iso pese a que desde a Xunta, cando eles cogobernaban, destinaron inxentes cantidades de recursos propios para os desguaces mentres que agora existe a posibilidade de que estes gastos poidan asumirse desde Europa e decidirse desde Santiago.

Exit mobile version