NOTA DE PRENSA
Un facultativo de Ferrol reforzará o Centro de Sanidade Marítima de Burela e estudan a adscripción co carácter permanente dun novo doutor para reducir as listas de espera que estaban a colapsar este servizo
AS DENUNCIAS DO PP POÑENDO DE RELEVO LONGAS DEMORAS NOS RECOÑECEMENTOS QUE O ISM PRACTICA ÁS XENTES DO MAR FORZAN A RECTIFICACIÓN DO GOBERNO CENTRAL QUE ANUNCIA A CONTRATACIÓN DUN NOVO MÉDICO
* O deputado popular lamenta que os seus compañeiros do PSOE e do BNG permanezan mudos e non se decaten de que existen estes problemas de urxente corrección como consecuencia do esquecemento que practica o Executivo socialista de Zapatero coa Mariña.
A Mariña, 05 de xuño de 2009.- Despois das diversas denuncias públicas efectuadas polos representantes do Partido Popular tanto no Parlamento de Galicia como nas Cortes Xerais, e a través das que se puxeron de relevo as longas demoras que se estaban a producir nos recoñecementos que o Instituto Social da Mariña (ISM) practica ás xentes do mar, o Goberno central vese forzado a rectificar e anunciou a chegada dun novo médico que reforzará o Centro de Sanidade Marítima de Burela.
O voceiro do Mar do Partido Popular de Galicia, Jose Manuel Balseiro Orol felicítase porque o Executivo socialista de Zapatero vírase forzado a corrixir esta problemática tantas veces denunciada, malia que lamenta que os socialistas non teñan previsto un sistema de identificación destas e doutras deficiencias nos servizos que dependen da Administración central, “de xeito especial, nun ámbito que afecta á saúde e integridade física dos mariñeiros”. Para Balseiro Orol “é máis que evidente o esquecemento do Goberno socialista con respecto á Mariña lucense e a falta de interese dos responsables políticos desta administración que tan só actúan despois de sentirse presionados polas novas xornalísticas e as iniciativas parlamentarias”.
Para Balseiro Orol son os representantes do Partido Popular os que están a marcar o ditado das cuestións que hai que corrixir para ofrecer un mellor servizo ás veciñas e veciños desta comarca. De feito o voceiro popular lamenta que os representantes doutras formacións políticas na Mariña como é o caso do PSOE ou o BNG permanezan mudos ante estas deficiencias, non sexan capaces de esixir a súa corrección e, polo tanto, actúen servís ante o Goberno de Zapatero pese a ser conscientes de que o está a facer moi mal.
SEGUIMENTO DA SITUACIÓN DE COLAPSO
Por outra banda os populares anuncian que farán un seguimento desta situación conscientes dos múltiples prexuízos que están a provocar aos mariñeiros que, en aplicación da lexislación vixente, teñen que pasar un recoñecemento médico con carácter previo ao embarque. Máis en concreto o voceiro do Mar explicou que verificarán se a solución proposta polo Instituto Social da Mariña sirve para desconxestionar este servizo que na actualidade está colapsado, provocando as críticas dos seus usuarios.
Máis en concreto, o Partido Popular interesarase polo procedemento de adscripción permanente dun novo facultativo no Centro de Saúde Marítima de Burela e sobre a situación na que se atopa o que o ISM ten na localidade de Celeiro. “Queremos comprobar se de verdade se están a solucionar estes problemas ou se estamos de novo ante una manobra de propaganda e de distracción do Goberno de Zapatero que non cumpre coa Mariña, nin parece ter moita intención de cumprir, salvo cando se ve forzado a elo”