NOTA DE PRENSA
Quere coñecer en que situación se atopan cada un dos treitos desta futura vía entre Ferrol e San Cibrao ao seu paso pola provincia de Lugo
BALSEIRO INTERÉSASE NO PARLAMENTO POLO ESTADO DA TRAMITACIÓN ADMINISTRATIVA DO CORREDOR DA COSTA
• O Goberno do PPdeG deixou listos e adxudicados o 57% dos proxectos construtivos do trazado do corredor. En catro anos, o Executivo de PSOE e BNG, non foi quen de iniciar os traballos de construción dun só quilómetro desta estrada na nosa comarca.
A Mariña, 20 de xuño de 2009.- O deputado do Partido Popular de Galicia, Jose Manuel Balseiro Orol rexistrou unha iniciativa no Parlamento autonómico a través da que se interesa pola situación e o estado da tramitación administrativa do futuro corredor da costa. Esta vía chamada a converterse na gran arteria de comunicación capaz de vertebrar os distintos concellos litorais da Mariña lucense, estes coa provincia da Coruña, co resto de Galicia e de España presenta, despois de catro anos de xestión bipartita, un enorme atraso. Nin PSOE nin BNG foron quen de iniciar as obras nun só treito da nosa provincia e, incluso en tramos como o da variante de Viveiro parece non existir nin tan sequera proxecto construtivo.
O Partido Popular de Galicia acadou as pasadas eleccións o compromiso de traballar para que a vía de alta capacidade (VAC) entre Ferrol e San Ciprián –o treito de competencia autonómica- deixe de ser unha infraestrutura virtual e, nese senso, prometéronse a que, na presente lexislatura comecen as obras da futura estrada ao seu paso pola provincia de Lugo. O candidato principal do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, quere que o 80% da poboación galega estea a menos de 10 minutos dunha vía de alta capacidade. Neste obxectivo o corredor da costa entre Ferrol e San Ciprián constitúe unha aposta estratéxica fundamental.
Malia que ano tras ano existía consignación orzamentaria expresa nas contas da Xunta estes partidas non se executaron. Os populares preguntan polo grado de execución destes orzamentos tanto no referente ás expropiación como respecto das cantidades comprometidas para iniciar as obras. En contraste con isto Balseiro Orol defendeu que o último Goberno do Partido Popular deixou os proxectos construtivos adxudicados correspondentes ao 57% do trazado do corredor. Máis en concreto os treitos Celeiro – San Ciprián (8,4 quilómetros e 201.593 euros) San Sadurniño – Campo do Hospital (19,1 quilómetros e 400.316 euros) e a variante de Ortigueira: (10 quilómetros e 221.209 euros).