Site icon Crónica3.com A Mariña

O Parlamento de Galicia expresa a súa repulsa contra o atentado de Arrigorriaga por unanimidade

SANTIAGO .- O Parlamento de Galicia expresa a súa máis absoluta repulsa contra o atentado que esta mañá custou a vida a un inspector de Policía en Arrigorriaga e reitera a súa plena confianza nos mecanismos do Estado de Dereito como única vía para rematar coa barbarie terrorista.

O Parlamento de Galicia expresa tamén a súa solidariedade cos diferentes corpos e forzas de seguridade, un de cuios integrantes foi asasinado esta mañá.

Simultaneamente, o Parlamento de Galicia anima ao conxunto dos cidadáns galegos a participar activamente nas concentracións de repulsa convocadas para expresar o rexeitamento dos cidadáns de ben contra a barbarie terrorista.

A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, facéndose eco do sentir unánime da Cámara, telefoneou á presidenta do Parlamento Vasco, Arantza Quiroga, para trasladarlle as condolencias dos 75 deputados autonómicos galegos.

Esta declaración foi consensuada cos tres grupos políticos representados no Parlamento de Galicia.

Exit mobile version