O IES Perdouro presentou un novo número da revista Maruxía
egl
A Biblioteca do IES Perdouro presenta unha nova entrega da revista Maruxía, editada en colaboración polo centro educativo e a Asociación Cultural Os Matos. A publicación chega moi renovada e abre unha nova etapa: neste número estrea dirección artística e literaria. A nova directora é a profesora Miruca Parga Valiña, da coordinación gráfica ocupouse Margarita López Periago, coa colaboración de Tomás López Retorta. Da elaboración dos contidos ocupouse o alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos.