Llano engade que “pensamos que é unha medida moi positiva para que a xente teña os seus solares e hortas en bó estado. Hai veciños de Burela que teñen convertidos eses terreos en auténticos xardíns e entón hai que darlles un recoñecemento social e que esto serva para que outros procuren facer o mesmo e así teñamos un pobo cuidado e atractivo e tamén evitamos problemas de lixo, de falla de hixiene…”.
Da comisión formarán parte a concelleira de Medio Ambiente, o concelleiro de Turismo, os técnicos de Medio Ambiente e un representante de cada partido político como mínimo que “se encargarán de valorar e de establecer que tipo de axudas ou recoñecementos se poden conceder ós veciños, ainda que o máis importante será motivalos e recoñercer a labor que están a facer para que sexan tanto paisaxística como medioambientalmente moi atractivas. Imos ver que resultado da que agardemos que sexa bó”.
Outro dos asuntos que vai ó pleno é a adhesión do Concello de Burela ó convenio marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e as entidades xestoras dos sistemas integrados de xestión de residuos de aparatos electrónicos e eléctricos. Alfredo Llano explica que “se trata de favorecer a recollida deste tipo de aparatos por parte das tendas e dos comercios que os venden unha vez que éstes se estropean, porque teñen a obriga de envialos a unha pranta de tratamento. Con esta medida preténdese que os concellos favorezcan que este proceso se realice dun xeito controlado e con garantías de que se está a facer ben”.
No pleno de mañá tamén se someterán a aprobación varias mocións, entre as que figura a presentada polo bipartito que demanda a dotación dunha matrona para o centro de saúde de Burela.