BURELA (FNC) .- O Concello de Burela ofreceu esta mañá unha recepción ós participantes no intercambio europeo Grundtvig. Trátase dunha ducia de profesores de Turquía, República Checa, Italia, ademáis do Concello de León e do IES Monte Castelo de Burela que intercambiaron as súas experiencias en materia de educación de adultos e minorías. O programa que tivo unha duración de tres anos remata agora.
Na recepción estiveron o alcalde de Burela, Alfredo Llano, a teniente de alcalde, Neves Cando, e a concelleira de Educación, Lucía Bouza. Despois os participantes neste programa realizaron unha visita ao barco museo Reina del Carmen