BURELA (FNC).- O do Concello de Burela, a través da Concellaría do Mar, e o Clube de Surf Hola Ola de Ribadeo, organizan un curso de iniciación a este deporte denominado A túa primeira onda. Conta coa colaboración da Diputación Provincial de Lugo e da Federación Galega de Surf.
Remedios López explica que “o curso consistirá nunha iniciación ó surf durante dous dias o 26 e 27 de Xuño nunha das praias de Burela. Está dirixido a nenos a partir de 7 anos e sen límite de idade, só é necesario saber nadar. Desde a Concellaría do Mar quixemos facelo coincidir coa entrega dos premios aos gañadores do certame de relato curto do mar”.
Este curso, segundo explica a edil de Mar, “é totalmente gratuito e inclúe todo o material necesario (táboa, traxe de neopreno, etc…) así como a impartición do mesmo a cargo dun monitor titulado e un seguro de accidentes e de responsabilidade civil”. Os interesados deberán apuntarse na bliblioteca do Concello deixando o seu nome, a idade e o seu teléfono para poder organizar os grupos que participarán nesta cita co surf.