Remedios López suliña que “haberá catro premios, un para cada ciclo de educación primaria e o cuarto para a ESO. Este ano o agasallo para os gañadores serán taboas de bodyboard. Ademáis todos os participantes terán un agasallo, só por participar, que será doado pola concelleira de Educación, Lucía Bouza. E entre todos os inscritos e participantes que acudan ao acto de entrega sortearase unha consola”.
A edil socialista sinala que “o ano pasado este certame tivo moito éxito xa que se implicaron todos os colexios de Burela, e agora mandarán un representante para o xurado. Espérase igualar a participación ou incluso superala xa que todos os bureleses son coñecedores de historias mariñeiras”.
O prazo de presentación de traballos abríuse onte 1 de xuño e rematará o día 20 deste mes. A entrega de premios farase no salón de plenos do Concello o 27 de xuño.