BURELA (FNC) .- Burela estará presente un ano máis na Feira Internacional de Mostras do Noroeste (FIMO) que se celebrará en Ferrol do 7 ao 12 de xullo. O concelleiro de Industria, Comercio e Turismo, José González Legazpi, asegura que “estaremos un ano máis na feira máis antiga de Galicia, unha clásica xa e interesante referencia resulta a feira de Ferrol, considerada como a máis importante do noroeste español, que concentra diversidade de sectores, primordialmente vencellados ao turismo que gaña cada vez un maior protagonismo”. O edil nacionalista apunta que “ocupa con unha superficie superior aos 25.000 metros cuadrados, e tivo máis de 35.000 visitantes na pasada edición resultando sin duda este certame un escaparate ideal para a promoción como destino turístico de calidade no que se está a posicionar o Concello de Burela”.
Burela estará presente durante toda a edición deste importante certame, que chega á súa 47 edición, “divulgando todos os nosos recursos turísticos e gastronómicos con stand propio do noso Concello, stand que precisamente fora inaugurado na pasada edición deste reconocido certame de Ferrol, como imaxe corporativa necesaria para o eficaz desenvolvemento turístico municipal e do que non se disponía. Trátase dun espazo novidoso e atractivo que traslada ao visitante á nosa vinculación mariñeira e á nosa diversidade cultural e histórica”, segue a relatar José González Legazpi.
Feira do bonito
En Fimo será presentada a vindeira feira do bonito deste 2009 “que cumpre neste ano a súa XXV edición, e alí terá lugar asimesmo unha degustación de bonito no espazo central do recinto feiral. Un acontecemento de relevancia de cara á potenciación dos nosos recursos e ao recoñecemento dunha feira emblemática para Burela, como é a do Bonito declarada de interés turístico, moi importante para o desenvolvemento gastronómico e turístico do noso concello”.