LUGO .- Con motivo do evento “Arde Lucus” que se vai celebrar esta fin de semana en Lugo, a Deputación presentará un programa medio-ambiental denominado Km0 Xtreme. Por outra banda nas actividades para coñecer a provincia participarán membros do Club Náutico de Foz, que realizarán unha travesía en catamarán polos Canós do Sil
NOTA DE PRENSA
Km0 Xtreme estará presente no “Arde Lucus” cun stand na Praza Maior de Lugo
Os Codos de Belesar son visitados por primeira vez dentro desta iniciativa promovida pola Deputación
A nova oferta do programa medioambiental Km0, denominado Km0 Xtreme estará presente no Arde Lucus cun stand na Praza Maior de Lugo. O posto estará aberto ó público desde o venres ata o domingo, durante os tres días de celebración desta festa nos que se prevé a chegada de milleiros de visitantes á cidade de Lugo.
Grazas a esta iniciativa, a Deputación facilitará información sobre as 14 novas rutas que poñerán en valor as Reservas da Biosfera a través do deporte e a multiaventura. O vindeiro 1 de setembro empezará a segunda etapa deste programa, no que se pasará das 88 rutas actuais a 135.
Ademais, darase a coñecer a todos os interesados o procedemento para apuntarse. Deberán entrar na web: www.km0.deputacionlugo.org e descargar a folla de inscrición. Unha vez cuberta, deberán enviala á dirección de correo electrónico km0@deputacionlugo.org, por fax ó 982 26 01 70, ou por correo ordinario ó Servizo de Protocolo (rúa San Marcos 8, 27001 Lugo).
Rutas desta semana en Km0
Os Codos de Belesar e a igrexa románica de Diamondi, na comarca do Saviñao, serán visitados por primeira vez dentro do programa Km0. Ademais, nesta cuarta semana de xuño inclúense rutas ós Canós do Sil e á Ría de Ribadeo. En total, preto de 130 veciños de Foz, Sober e outros Concellos da provincia participarán nesta iniciativa promovida pola Deputación para dar a coñecer o noso patrimonio medioambiental e favorecer a nosa economía.
Un grupo de 55 persoas pertencentes á Escola Municipal de Sober foi recibido este martes no Pazo de San Marcos. A ruta elexida incluíu unha visita ó Centro de Artesanía e Deseño. A continuación, desprazáronse ó Concello de Ribadeo para visitar o Centro de Cultivos Mariños, realizar unha traesía marítima pola ría e visitar o Convento de Santa Clara.
A comarca do Saviñao será mañá o destino de Km0. Participará un grupo de 36 solicitantes individuais que, en primeiro lugar, coñocerán as ínsuas do Miño. Despois visitarán a igrexa de Diamondi, unha das xoias do románico da nosa provincia, e desde aí realizarán unha ruta de sendeirismo polos Codos de Belesar ata chegar ó pobo do mesmo nome.
Por último, o xoves 36 membros do Club Náutico de Foz realizarán unha travesía en catamarán polos Canós do Sil. Aproveitarán a súa visita á Ribeira Sacra para degustar viño nunha das adegas da zona. A ruta tamén inclúe unha visita ó Mazo de Santa Comba.